9 de nov. de 2019

MADRID



PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA  A SEMANA DO LUNS 11 AO VENRES 15 DE NOVEMBRO DE 2019




Luns, 11

19:30 horas   
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia organiza en colaboración coa Asociación de Empresarios Galegos en Madrid,  AEGAMA a presentación de Galician  Dry  Towers Gin  Premium, un novo produto artesanal  gourmet galego elaborado nun pazo  da comarca do Deza (Silleda, Pontevedra) que con só un ano de vida está a darse a coñecer fóra de Galicia.

O seu valor diferencial radica especialmente na utilización de 10 botánicos entre os que se atopa a baga silvestre cornus  capitata que lle achega propiedades detox.

Na presentación intervirán: o presidente de  AEGAMA, Julio Lage; en nome de Mercado Hispano, Antonio Sancristán e Lucía Espinosa.

O acto finalizará co himno galego que será interpretado pola cantante Nuria  Pauluchi na súa versión celta.



Aínda que o acto está organizado só para asociados, medios e profesionais do sector, como en ocasións anteriores é posible acudir confirmando previamente asistencia en gerente@aegama.com



Martes, 12

19:30 horas 
Presentación do libro "Donde da la vuelta el aire/ Onde  dá a  volta ou aire" (Primeiro premio do III Certame Poético Rosalía de Castro), de  Mila Villanueva, publicado por Lastura Edicións, no que a autora rende homenaxe aos devanceiros, o fala e a terra onde se criou, lembrando a súa infancia e os personaxes que habitaron nela.

No acto intervirán, ademais da propia autora  Mila Villanueva; o xestor cultural e escritor, Antonino Nieto; e a editora, Lidia López Miguel. No transcurso da presentación o actor  Tonino Guitián recitará unha selección de poemas da obra.



Mércores, 13

19:00 horas 
A Casa de Galicia en Madrid acollerá a celebración do “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos” organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, con dúas conferencias:

“A RESTAURACIÓN DO PÓRTICO DA GLORIA DA CATEDRAL DE SANTIAGO” pola directora de restauración do Pórtico da Gloria, Ana  Laborde  Marqueze (19:00 horas).

“As PEREGRINAXES CON PERSOAS DE MOVILIDAD REDUCIDA” a cargo do presidente da Asociación  Compostelle 2000 (París), Jacques  Chauty, (20:00 horas).



Xoves, 14

19:30 horas 
Presentación dunha selección de publicacións sobre “CAMBADOS: RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL”, na que intervirán: o catedrático emérito da USC e membro da RAG, Francisco Fernández Rei; o arquitecto, humorista e escritor, José María Pérez, “Peridis”; o catedrático emérito de Dereito Constitucional, Javier García Fernández; o secretario de estado de Educación e  F. P., Alejandro  Tiana Ferrer e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal Roma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario