Charla informativa para presentar a Campaña de Nadal 2019
O martes día 12 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda que preside o alcalde Antonio Lomba Baz ven de facer público que "o vindeiro martes día 12 de novembro ás 20:30 horas a Casa dos Alonso acollerá unha charla informativa, dirixida aos comercios de A Guarda, na que se exporán as actividades, enclaves e como se ten previsto organizar este ano a Campaña de Nadal".
As mesmas fontes tamén deron conta que "de xeito previo, mantívose unha reunión cos e coas representantes das distintas asociacións comerciais para ter en conta as súas aportacións de cara a mellorar o impacto de dita campaña.
Como ven sendo habitual búscase implicar a todo o tecido comercial da vila, pero este ano realizarase dende o Concello un especial esforzo en canto á iluminación (aínda sen rematar) e haberá novidades que favorecerán o goce das veciñas e veciños, así como a dinamización das vendas no pequeno comercio".
Ningún comentario:
Publicar un comentario