A Asociación Párkinson Baixo Miño organiza unha charla informativa
O vindeiro xoves día 14 de novembro ás 18:15 horas, no salón de actos do Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O vindeiro xoves día 14 de novembro ás 18:15 horas, no salón de actos do Centro Cultural da vila, celebrarase una charla informativa co título “Mejoremos juntos la calidad de vida”, na que a logopeda Nerea Álvarez Rodríguez e a terapeuta ocupacional Olalla Vilar Figueira, do Centro Anarela de Tui, falarán sobre a importancia de realizar terapias de rehabilitación, para acadar una mellor calidade de vida das persoas afectadas pola enfermidade de Párkinson.
A presentación do acto será a cargo da presidenta da Asociación, Herminia Sías Cortiñas.
Esta charla enmárcase no Proxecto Párkinson Rural, unha iniciativa da Federación Española de Párkinson, posta en marcha co apoio da Fundación ONCE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario