2 de out. de 2019

OIA

Posto informativo sobre compostaxe 

Este xoves día 3 de outubro, entre as 10:00 e as 13:00 horas, na Centinela


Infogauda / Oia

 A Praza Centinela de Oia acollerá este xoves 3 de outubro unha carpa informativa sobre a compostaxe. A actividade enmárcase dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Oia.  

 No posto informativo, as mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza serán as encargadas de dar información sobre a compostaxe e os seus beneficios. Tamén organizarán xogos e repartirán plantas e outros agasallos entre as persoas asistentes.  

 Todas as veciñas e veciños que queiran participar na actividade poderán achegarse á carpa este xoves entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario