31 de out. de 2019

O ROSAL

PRIMEIRA REUNIÓN NO CONCELLO, DO PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA  

Co equipo técnico posto a disposición dos concellos pola Xunta de Galicia

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e os concelleiros , Sara Vicente e Carlos Villanueva
Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

 Despois da adhesión ao Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e os concelleiros, Sara Vicente e Carlos Villanueva, mantiveron no Concello a primeira reunión co equipo técnico posto a disposición dos concellos pola Xunta de Galicia.

 Estivemos falando - dixo a alcaldesa do Rosal - do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible. O Plan de acción marca os pasos a dar para camiñar nos obxectivos de 2030. 

 Trátase de apostar pola eficiencia enerxética, traballar na reedución da pegada de carbono e en xeral incorporar medidas que afronten a realidade do cambio climático

 “En definitiva, búscase que a partires de agora nas decisións da xestión Municipal no Rosal incorporemos e executemos os nosos proxectos cunha estratexia de responsabilidade co medio e de planificar medidas de xeito ordeado que incorporen criterios de sostibilidade ambiental”, afirma a alcaldesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario