SEGUNDA VIDA PARA AS CABAZAS DO SAMAÍN
Infogauda / O Rosal
Noite meiga, chea de feitizos, mitos e… cabazas!
O Concello do Rosal convida a pechar o ciclo do Samaín como é debido, e deixar as cabazas, durante esta fin de semana, detrás do composteiro comunitario (dentro dun saco disposto para este fin).
O luns día 4 de novembro, o mestre composteiro sacará fotos da colleita, escollerá ás partes compostables e daralles ás cabazas o fin que se merecen.
Animádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario