16 de out. de 2019

LABORAL

Concentración do comité de Vitrasa á porta da empresa 

Este xoves, día 17 de outubro, ás 12:00 horas    

Infogauda / Vigo

 O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo municipal de transporte urbano de Vigo, concentrarase este xoves, día 17 de outubro, ás 12:00 horas, diante da porta da empresa, en demanda de que a dirección e o Concello atendan as súas solucións aos problemas que veñen denunciando nos últimos días, nomeadamente réxime de traballo; rexistro horario; bus de persoal e eventualidade, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario