O Pavillón de Goián acollerá unha nova edición do mercadiño e exposición de motos antigas
Organizada pola Asociación de Amigos das Motos Antigas “Dalle Gas”, coa colaboración do Concello, a feira celebrarase sábado día 2 e domingo día 3 de novembro
Infogauda / Goián
A Asociación de Amigos das Motos Antigas “Dalle Gas”, coa colaboración do Concello de Tomiño, organiza a vindeira fin de semana (sábado 2 e domingo 3 de novembro) o XVI Mercadiño e exposición de motos antigas, no pavillón de Goián.
A gran feira de recambios para as motos antigas e tamén para coches clásicos poderá visitarse o sábado, de 10:00 a 16:00 e de 18:00 a 20:00 horas, e o domingo, de 10:00 a 16:30 horas, ininterrompidamente.
Numerosos profesionais do sector e amantes das motos antigas e coches clásicos, danse cita cada ano neste evento, no que tamén pódense atopar ferramentas, miniaturas e un longo etcétera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario