15 de out. de 2019

A GUARDA

Cruz Vermella Baixo Miño pon en marcha un obradoiro de informática 

Para persoas maiores de 55 anos


Cruz Vermella / A Guarda

 Cruz Vermella en A Guarda organiza un curso de informática básica dirixido a maiores de 55 anos, no que poderán participar ao redor de 15 persoas. Terá lugar os días 8, 15, 22 e 29 de novembro de 10:30 a 12:00 horas, na Aula CeMIT situada no Centro Cultural de A Guarda.  

 Co paso dos anos, algunhas funcións psicolóxicas poden resultar afectadas de diferente forma. Co fin de evitar ou retrasar a aparición do deterioro cognitivo, é recomendable realizar actividades destinadas ao exercicio da memoria que axuden a manter e potenciar as diferentes capacidades cognitivas, e canto antes se inicien mellor. A  informática é unha destas actividades. 

 Aquelas persoas que estean interesadas nas novas tecnoloxías e na aprendizaxe do uso do ordenador, terán que inscribirse neste obradoiro na oficina que Cruz Vermella. Trátase dunha actividade financiada polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. 

 Para máis información:  

Asamblea Comarcal Cruz Vermella Baixo Miño 
Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo 
Teléfno: 986 614 609
Correo electrónico:
                             laguardia@cruzroja.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario