22 de out. de 2019

A GUARDA

Coa nova distribución dos concelleiros delegados no Concello de A Guarda

O ALCALDE NOMEA TENENTE DE ALCALDE A Mª MONTSERRAT MAGALLANES ÁLVAREZ

O alcalde Antonio Lomba Baz - no centro da imaxe - cos demáis membros do grupo municipal de goberno do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Despois da ruptura do pacto de goberno municipal que de facto, ata o pasado día 14 deste mes, houbo entre os grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, ven de facer público este martes día 22 de outubro de 2019, o nomeamento mediante resolución da alcaldía, dos concelleiros delegados para as distintas áreas municipais.  

 Deste xeito, o equipo de goberno municipal do Concello de A Guarda queda configurado do seguinte xeito: 

 - A Alcaldía, representada por Antonio Lomba Baz, mantén as competencias nas áreas de Urbanismo e Novas Tecnoloxías; Benestar Social; e Emerxencias.

- Facenda e Persoal; Cultura e Deportes; Medio Ambiente; Patrimonio; tenente de alcalde: Mª Montserrat Magallanes Álvarez.  

-Vías e Obras; Servizos á cidadanía; Infraestruturas; Tráfico e mobilidade: Miguel Ángel Español Otero.  

-Turismo; Festas e festexos populares; e Conservatorio de Música: Mª Elena Baz Rodríguez. 

-Educación; Formación e desenvolvemento local; Participación cidadá e Voluntariado; Igualdade: Fátima Rodríguez Marcos.  

 As delegacións de competencias anteriores comprenden a dirección organizativa e funcional da concellería, área o servizo, así como a sinatura tanto documentos públicos ou privados que sexan necesarios en relación cos cometidos e funcións de cada unha delas, con exclusión de ditar actos administrativos resolutorios, sen prexuízo das delegacións especiais que poidan ditarse.

Mª MONTSERRAT MAGALLANES ÁLVAREZ VE PREMIADA SÚA LABOR

 Á vista da distribución das diferentes concellalías delegadas, pode apreciarse como Mª Montserrat Magallanes Álvarez verá aquilatado seu peso específico no seo do executivo municipal, ao pasar a ostentar a tenencia de alcalde e concellalías delegadas en áreas como Cultura, Medio Ambiente e Patrimonio, que ademáis das de Facenda, Persoal e Deportes, van conlevar, sen ninguna dúbida, un maior esforzo persoal pola súa parte, e ao mesmo tempo, terá como contrapartida unha maior visibilización da súa labor. 

 Esa é nosa primeira valoración, pero hai outras posibles, como por exemplo, ainda que é cedo para decilo, o "delfinato" coa ollada posta no 2023. 

 O tempo diráo no seu momento, se estamos no certo ou non.

 En todo caso, vemos tamén como algunha concellalía delegada que préstase a esa visibilización a que antes aludíamos, é unha das que ven de serlle atribuída a Mª Montserrat Magallanes, o cal ten unha probable interpretación, máis en todo caso, non nos corresponde a nós facer a correspondente valoración nin tampouco apuntar os posibles motivos políticos que levaron ao alcalde a tomar esa decisión.

 De tódolos xeitos, o que si está claro é que o esforzo de todos e cada ún dos concelleiros delegados, vai ser notoriamente superior ao que tiñan ata o de agora, ainda que, todo hai que decilo, probablemente van desempeñar o seu día a día, nos respectivos cometidos con máis tranquilidade, ainda que sen perder de vista en ningún momento, que son 5 concelleiros dunha Corporación Municipal de 17.

Ningún comentario:

Publicar un comentario