2 de out. de 2019

A GUARDA

«Foclore no Camiño» 

Festival do Patrimonio Inmaterial do Camiño de Santiago Portugués da Costa

O sábado día 5 de outubro ás 20:00h o Auditorio de San Bieito 



Infogauda / A Guarda 

 O sábado día 5 de outubro ás 20:00h o Auditorio ao aire libre San Bieito acolle “Folclore no Camiño”, un Festival do Patrimonio Inmaterial do Camiño de Santiago Portugués da Costa.  

 Este festival está organizado pola Asociación Cultural Interfolc, que organiza, desde o ano 1994, o Festival Folclórico Internacional de Vigo, no que se da cabida a diferentes culturas e ofrécese unha oferta cultural que ata a data non existía en Vigo. A experiencia acumulada ao longo destes 25 anos facilita a organización dun festival inédito: Folclore no Camiño.  

 Unha experiencia que pon en valor o patrimonio inmaterial das poboacións polas que transcorre o Camiño de Santiago Portugués pola Costa.  

 A Asociación Cultural Interfolc de Vigo está formada pola Asociación Folclórica Corisco, a Agrupación Lembranzas Galegas e a Banda de Gaitas Xarabal.  

 No evento deste sábado na Guarda participarán:

· Asociación Folclórica Lembranzas Galegas (Vigo)
· Asociación Folclórica Vento  Mareiro (A Guarda)
· Grupo de Baile Xamaraina (A Guarda) 
· Grupo Etnográfico de Areosa (Viana do Castelo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario