Continúa a programación do Día da Biblioteca
A segunda actividade terá lugar o vindeiro luns día 21 de outubro ás 18:00h na Biblioteca Pública Municipal
Infogauda / A Guarda
A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda continúa coas actividades para conmemorar o día da Biblioteca 2019, que se celebra cada ano o 24 de outubro. O obxectivo destas iniciativas que se desenvolven neste mes, é a animación á lectura.
A segunda actividade terá lugar o vindeiro luns día 21 de outubro ás 18:00 horas cun contacontos moi especial a cargo de Anxo Avelino (Carballo con botas).
Chegan á biblioteca os teixos, freixos, bidueiros, aciñeiras, buxos..., para contar as súas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos, para plantar unha árbore que conte contos en defensa do futuro.
Espectáculo dirixido a público infantil: bebés, nenas e nenos de 0 a 6 anos.
Programación
Luns 21
Ás 18:00 horas
“Unha árbore vén a vernos" (Contos para abrazar ás árbores). Anxo Avelino (Carballo con Botas).
Xoves 24
Ás 18:00 horas
“Bibliotecas para mudar o cambio climático”. Efervesciencia.
Sábado 26
Ás 11:30 horas
“Obradoiro de creación de teatros de papel”. Juste Kamishibai, Papel e Teatro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario