EXPOSICIÓN FILATÉLICA 2019
INAUGURADA OFICIALMENTE Á XXIII EXFIMIÑO
De esq. a dereita: Luciano Lomba Vicente, presidente da Sociedade Filatélica e Numismástica Guardesa (SFNG), Joaquín Miguel Villa Álvarez, historiador; Antonio Lomba Baz e Anxo Lois Baz Vicente, alcalde e tenente alcalde, respectivamente do Concello de A Guarda, e Valentín Suárez Alonso, presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI)
Fotos: Tini Andrés
Infogauda / A Guarda
Ainda que á exposición filatélica botou a andar o pasado día 5 deste mes de outubro, a súa inauguración oficial non tería lugar ata á noitiña deste venres día 11. O acto contou coa asistencia do alcalde de A Guarda e do tenente alcalde, Antonio Lomba Baz e Anxo Lois Baz Vicente, respectivamente, así como do presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), Valentin Suárez Alonso; o presidente - Luciano Lomba Vicente -, directivos e filatélicos da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.); o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela: membros da Corporación Municipal de A Guarda e o respectable público.
Logo dunha breve salutación de benvida, a cargo de Luciano Lomba Vicente, faría uso da palabra Joaquín Miguel Villa Alonso, que centrou súa intervención na historia sintetizada do Hospital Casa- Asilo de A Guarda, a cuxo inmoble - verdadeira xoia arquitectónica que desde fai 28 anos é o Centro Cultural e Social da vila -, está adicada a XXIII Exposición Filatélica - EXFIMIÑO, 2019.
Logo do interesante repaso aos diferentes avatares dese edificio que vai camiño do seu I Centenario - será en 2027 -, e o futuro inmediato, no que respecta a súa titularidade, que pasará - entre finais de 2019 e comezos de 2020 - a ser propiedade municipal; fixo uso da palabra, Valentín Suárez.
O presidente de FEGASOFI agradeceu o apoio institucional, tanto da Deputación de Pontevedra como do Concello de A Guarda, para facer posible esta exposición filatélica, así como o traballo de todos os membros da SFNG, que preside Luciano Lomba Vicente.
Finalmente o alcalde de A Guarda, referiuse "á familia dos filatélicos", agradecendo seu traballo continuado a prol do coleccionismo postal, ao tempo que mencionou a algúns dos membros da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, botando de menos a algunhas persoas, que por motivos de forza maior, non puderon estar presentes nese acto.
Vista parcial do respectable público que asistiu á inauguración
Antonio Lomba Baz animou aos membros da SFNG a continuar co seu labor, pondo en valor a presenza no salón de actos, non soio de veteranos coleccionistas, senón tamén dos máis xóvenes, aos cales dirixiulles unhas verbas de agarimo porque eles serán os continuadores.
O rexedor municipal tamén se lembrou de Antonio Martínez Vicente - presente no salón de actos -, unha persoa sempre disposta a colabourar con todo o mundo, como pódese comprobar con frecuencia, e nesta ocasión, con varias fotografías antigas que aportou para o boletín Exfimiño, que se distribúe entre ás persoas que visitan a exposición filatélica.
Rematadas ás intervencións tería lugar á presentación do cuño, selo e sobre conmemorativo da XXIII exposición filatélica EXFIMIÑO, 2019, acto que ademais de autoridades e filatélicos, contou coa participación do xefe da oficina de Correos de A Guarda, José Luis Franco Rodríguez.
A exposición, que acolle importantes coleccións temáticas, poderase visitar ata o domingo día 13 de outubro, de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., no Centro Cultural da vila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario