«Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais»
Presentación da obra no espazo Normal
Presentación da obra no espazo Normal
Este xoves 24 ás 20:00 Catro Ventos Editora presenta Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais, no marco do espazo de intervención cultural Normal, A Coruña.
A obra coordinada por proxecto Batefogo tivo unha excelente acollida no mecenado realizado en Goteo.org e
convértese ao fin nun libro máis do catálogo desta editora adicada á
publicación de obras sobre ecoloxía, economía social, consumo
sustentable, crianza alternativa e dereitos humanos.
O libro preséntase cunha sobrecuberta despregable co deseño impreso da lámina de Xoana Almar (Cestola na cachola) que conforma a identidade gráfica desta obra de múltiple autoría.
Sobre a obra
Nunha
panorámica superficial do mundo do lume, a presenza de mulleres
resulta aparentemente anecdótica. A súa visibilidade nos distintos
escenarios do complexo quebracabezas que supón a problemática dos
incendios forestais en Galicia é moi reducida; demasiado...
Fagan memoria das noticias sobre a autoría dos lumes, das imaxes do servizo de extinción, dos comités da administración autonómica, ou dos foros de debate sobre os lumes, o ordenamento e a xestión do territorio. É que elas non prenden? Non apagan? Non deciden? Non reflexionan sobre os incendios forestais, as súas causas e consecuencias?
Para tentar dar resposta a estas preguntas, o equipo do proxecto Batefogo reúne neste volume achegas de diferentes autoras que, desde a súa disciplina, reflexionan sobre o papel das mulleres na prevención e extinción dos incendios forestais.

Sobre a autoría
O equipo do proxecto Batefogo está composto por Celsa González Ogando, Paula Lubián Fernández, Miguel Pardellas Santiago e Brais Pérez Gómez, unha enxeñeira agrónoma, dúas educadoras ambientais licenciadas en Ciencias Ambientais e un asesor especializado en cooperativas que se xuntaron un día para traballar conxuntamente na prevención dos incendios forestais con ferramentas de intervención social.
Conscientes de que as solucións á problemática dos incendios están no terreo do social, e empregando como ferramentas a educación e a participación, traballan nas comunidades máis directamente afectadas polos lumes para abordar as súas causas estruturais e deseñar colectivamente propostas de actuación.

No
seu traballo de coordinación reuniron a un equipo de autoras para
construír o sesgo de xénero arredor dos lumes: Ana Cabana Iglesia
(Doutora en Historia pola USC e compoñente de HISTAGRA), Beatriz
Rodríguez-Morales (Enxeñeira de Montes pola Escola Politécnica Superior
de Enxeñaría de Lugo e compoñente de ECOAGRASOC), Lara Barros Alfaro
(Licenciada en Historia pola USC e impulsora de Mulime), María Ferreiro e
Isabel Vilalba (responsables da Secretaría das Mulleres e da Secretaría
Xeral do Sindicato Labrego Galego, respectivamente), María Novas e
Sofía Paleo (arquitectas pola USC, investigadoras e impulsoras do
proxecto de investigación en arquitectura e xénero “Dexenero"), Rosa
Mosquera (doutora en Ciencias Biolóxicas, profesora do departamento de
Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica
Superior de Enxeñaría de Lugo), Lola Ferreiro (doutora), M. Conceição
Colaço (investigadora do Centro de Ecoloxía Aplicada Baeta Neves
(CEABN/InBIO) no Instituto Superior de Agronomía da Universidade de
Lisboa) e Andrea Nunes Brións (poeta).
Ningún comentario:
Publicar un comentario