O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuníronse con alcaldes de ambos os dous lados da ‘raia’, que solicitaron apoio para promover a iniciativa ante o Goberno de España
A Xunta coñece a proposta dos concellos transfronteirizos de impulsar unha nova conexión internacional por autovía entre o Nordeste de Portugal e a estación do AVE da Gudiña
Consideran que a infraestrutura reforzaría a Eurorrexión e facilitaría o acceso ao AVE Madrid-Galicia a unha poboación de 200.000 portugueses
Defenden que os gobernos de ambos os dous países poderían acollerse a programas de financiamento europeo para infraestruturas transfronteirizas
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron unha xuntanza con alcaldes de ambos os dous lados da ‘raia’
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Santiago de Compostela
A Xunta de Galicia vén de coñecer en a proposta dun grupo de concellos transfronteirizos para impulsar unha nova conexión internacional por autovía entre o Nordeste de Portugal e a estación do AVE da Gudiña, en Ourense.
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron unha xuntanza con alcaldes de ambos os dous lados da ‘raia’.
Para explicar a proposta, no encontro participaron o alcalde da Gudiña, José María Lago, o alcalde de Riós e presidente da Mancomunidade de Conso-Frieiras, Francisco Armando Veiga e o presidente da Cámara municipal de Vinhais, Luís dos Santos Fernandes, e o presidente da Câmara Municipal de Miranda do Douro.
No encontro, os rexedores presentaron a iniciativa e demandaron o apoio autonómico para promover ante o Goberno de España a construción do treito desta autovía correspondente ao territorio nacional, unha vez que o Executivo portugués xa manifestou o seu interese nesta conexión.
Segundo explicaron, a execución desta autovía internacional contribuiría en gran medida a reforzar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e facilitaría o acceso directo á liña de AVE Madrid-Galicia a unha poboación de 200.000 cidadáns do norte luso.
Así mesmo, consideran que, para a execución desta infraestrutura, os gobernos de España e Portugal poden acollerse a programas de financiamento cos que a UE impulsa as infraestruturas transfronteirizas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario