POSTO INFORMATIVO SOBRE COMPOSTAXE
O próximo mércores 2 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas, na Praza do Calvario
Infogauda / O Rosal
O próximo mércores 2 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas, na Praza do Calvario, unha equipa de mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra visitarán o Rosal.
Coa compañía do propio mestre composteiro do concello, instalarán unha carpa informativa na que, ademais de ofrecer explicacións sobre o compost, farán xogos, preguntas e repartirán plantas e compost entre as veciñas e veciños que estean máis ao día sobre a compostaxe.
Desde o Concello do Rosal animan a toda a veciñanza a achegarse e compartir experiencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario