5 de set. de 2019

A GUARDA

As Festas da Guía, Travesía a Nado, visitas guiadas ao Monte Santa Trega,..., son ás principais propostas desta fin de semana



Infogauda / A Guarda 

 A Guarda conta esta fin de semana con varias actividades nas que destacan a XXIV Travesía a Nado do Porto de A Guarda e as Festas na honra da Virxe da Guía, ademáis de visitas guiadas ao Monte Santa Trega e exposicións.  

VENRES 6  

 Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do poboado castrexo do Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.  

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.  

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.  

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.  

FESTAS DA GUÍA EN RIBADAVILA

 A Guarda acolle do 6 ao 8 de setembro as festas na honra da Virxe da Guía que arrancarán na xornada deste venres, a partires das 22:00 horas, na Praza da Guía, cun serán musical no que participarán diferentes grupos tradicionais da zona. 

 A partires da 1 da madrugada do sábado comezará «La Guía Fest» con varias actuacións dos DJ´s  Gabri Alonso, Adrián Mesu e We are Partyners.  

SÁBADO 7  

TRAVESÍA A NADO DO PORTO DE A GUARDA

 Este sábado día 7 de setembro, ás 12:00 horas, celebrarase no porto guardés a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs.  

 Promovida e xestionada pola Concellería de Deporte e Noko Deporte y Salud, contará coa colaboración do club de Remo Robaleira, Club ALAGUA e Confraría de Pescadores Santa Tecla. 

 A saída dos participantes será desde as escaleiras do Muelle Alto, facendo un percorrido pola lámina de auga do porto, sinalizado con boias.  

 Na xornada do sábado día 7 de setembro, e enmarcado nas Festas na honra da Virxe da Guía, ás 11:00h terá lugar un pasacalles a cargo do Grupo de Gaitas A Boalleira.

 A partir das 17:00 horas,  actividades para os máis pequenos e ás 22:30h gran verbena amenizada polos grupos Club Naval e a Banda de Nash.  

 Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento castrexo do Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.  

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.  

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.  

 O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de Praxíteles González Martínez na que se mostran varias maquetas do artista rosaleiro: Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas do Rosal, ademais das maquetas das Catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame de París. 

 Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 

 Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.  

DOMINGO 8  

DÍA GRANDE DAS FESTAS DA GUÍA

 O domingo día 8 de setembro, e enmarcado nas Festas na honra da Virxe da Guía, ás 10:00h unha salva de bombas de palenque anunciará o comezo do día grande das festas, para dar paso ás 11:30h a unha misa solemne cantada polo Coro Parroquial e a posterior procesión polo itinerario de costume. 

 Ás 17:30h terán lugar as tradicionais poxas, seguida dunha actuación do mariachi Noche de Ronda, e a continuación unha atronadora tirada de Fogos.  

 No Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz podemos visitar a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.

  Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.

Ningún comentario:

Publicar un comentario