REUNIÓN CO XERENTE E COA PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN AVELAÍÑA
A alcaldesa do Concello do Rosal e a concelleira de Servizos Sociais, coa presidenta e o xerente da asociación Avelaíña
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O pasado luns, día 19 de agosto o xerente, Rafael Álvarez Martínez e a presidenta, María Fernanda Orduna Vela, da Asociación Avelaíña reuníronse coa alcaldesa do Concello do Rosal, Ánxela Fernández Callís e a concelleira de Servizos Sociais, Sabela Rodríguez Jardón, para expoñer os traballos que se realizan na Asociación de axuda a persoas con enfermidade mental (PEM) e darse a coñecer a nova Corporación.
O termo da xuntanza, a alcaldesa e a concelleira de Servizos Sociais afirmaron: "Dende o concello comprometémonos a visita-las instalacións e colaborar en todo o que sexa posible".
Ningún comentario:
Publicar un comentario