5 de xul. de 2019

A GUARDA

O Concello ilumina o mural do contradique de Punta Xenete, no porto guardés

Nesa obra colectiva  poden apreciarse moitos elementos do patrimonio marítimo da nosa vila como as marcas mariñeiras, o barquiño, o peixe espada ou a mesma langosta, entre outros referentes xenuinamente guardeses

Vista parcial do porto de A Guarda co contradique de Punta Xente iluminado
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda, a través da Concellería de Patrimonio, procedeu á instalación dun sistema de iluminación que permitirá poñer en valor o pintado do megamural realizado recentemente no contradique de Punta Xente, no porto guardés.

 Dende esta fin de semana e,  coincidindo coa XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, os veciños e visitantes da Guarda apreciarán todo o esplendor destas pinturas cunha iluminación que permanecerá durante todo o verán.   

 Esta actuación realízase para realzar o patrimonio guardés, sobre todo o patrimonio marítimo, con motivo do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará do 11 ao 14 de xullo no porto guardés. 

 Nesa obra colectiva poden apreciarse moitos elementos do patrimonio marítimo da nosa vila como as marcas mariñeiras, o barquiño, o peixe espada ou a mesma langosta, entre outros referentes xenuinamente guardeses.  

 Para o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz «con este proxecto preténdese que o espigón continúe a ser un símbolo para a vila da Guarda, traballando nun concepto que represente á xente da Guarda e que sexa tamén unha atracción turística máis, contando para a súa confección coa participación da xente da vila».

Ningún comentario:

Publicar un comentario