"A música da auga, contos e cantos do río Miño" con Anxo Moure
O domingo día 7 de xullo, no porto de A Guarda, de 12:00 a 13:00 horas
Infogauda / A Guarda
Un pescador de cantigas (Servando Barreiro) e un home-peixe, un xacio do Miño (Anxo Moure), percorren contando e cantando a bordo dunha réplica rodante da gamela guardesa (última barca tradicional do río) os concellos das ribeiras miñotas na provincia de Pontevedra para divulgar a súa riqueza fluvial e cultural.
A intención é sensibilizar sobre o coidado dos leitos fluviais dando a coñecer a xeografía do río Miño e o seu patrimonio lingüístico, etnográfico e mitolóxico cos nomes dos peixes, das árbores de ribeira, das embarcacións tradicionais, das artes de pesca e da propia hidronimia e toponimia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario