14 de maio de 2019

O ROSAL

EDUCACIÓN VIAL NO CPI SUÁREZ MARQUIER  

O alunmado dos cursos de 5º e 6º de primaria pilotaron coches eléctricos no circuito habilitado para a ocasión e recibiron formación teórica
Fotos: C.O.R.
Infogauda / O Rosal

 Onte e hoxe martes 14 de maio, leváronse a cabo unas xornadas de educación vial co alumnado de educación primaria. Máis de 180 alumnos e alumnas de entre 6 e 12 anos de idade recibiron formación teórica e práctica acorde á súa idade, impartida por persoal da Dirección Xeral de Tráfico. 



 No día de onte os cursos de 5º e 6º de primaria pilotaron coches eléctricos no circuito habilitado para a ocasión e recibiron formación teórica. Acompañando ao persoal da DGT, desplazouse unha patrulla de tráfico ata o recinto escolar e mostraron o vehículo aos nenos e nenas, que encenderon as luces e falaron por megafonía xogando a ser policías por un día. 

 Mañá os máis pequenos de entre 6 e 10 anos de idade levarán as súas bicicletas e cascos, e farán o percorrido no circuito habilitado no campo de fútbol do centro. 

 A actividade foi organizada polo Concello do Rosal en colaboración coa DGT e o centro educativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario