CIG-Abanca denuncia agresivas políticas comerciais e laborais e discriminación de xénero
Xa realizou 21 concentracións, en distintas vilas galegas, nun mes
A
próxima parada será Vigo o 7 de maio
Delegados
e delegadas da CIG en Abanca, concentrados diante dunha sucursal de Abanca
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
Delegados
e delegadas da CIG en Abanca percorreron, o pasado 25 de abril, as rúas e
barrios de Compostela, coma antes fixeran en Lugo e Ourense, para
protestar contra “as agresivas políticas comerciais e laborais de Abanca”.
A
próxima parada será Vigo o 7 de maio. “Eliximos esa cidade polos
continuos abusos da Dirección nesa Territorial”, explican. “Din que
somos como autónomos, que debemos gañarnos o salario cada día sen ter en
conta o horario e que ao que non lle guste que colla a porta”. Se
Abanca alenta este tipo de condutas o noso deber é estar na rúa,
conclúen.
Por iso a CIG-Abanca mobilizarase en Vigo este martes día 7 “contra a excesiva carga de traballo e a discriminación das empregadas”.
Ás 10:00 na oficina de Gregorio Espino, 27.
Ás 10:25 na oficina de Urzáiz, 207.
Ás 11:05 na oficina da Praza Fernando o Católico, 2.
Ás 12:00 na oficina da rúa Ecuador, 79.
Ás 12:35 na oficina da rúa Venezuela, 24.
Ás 13:10 na oficina da rúa do Progreso.
Ás 13:40 na oficina de García Barbón, 1 (Central).
Obxectivos comerciais mesmo de produtos nos que a clientela pode perder o capital
As protestas teñen coma obxectivo que Abanca deixe de impoñer obxectivos de colocación de produtos complexos ao persoal, tal e como establece a Directiva 2014/65 da UE que protexe á clientela. Denuncia que a empresa “impón obxectivos de vendas, mesmo de produtos complexos (aqueles nos que a clientela pode perder parte do capital) enfrontándose o persoal a recortes salariais, ceses ou incluso despedimentos si non se cumpren”.
Consideran que isto é unha falta de respecto á profesionalidade do cadro de persoal que afecta a empregabilidade mesmo futura, e advirte de que “este tipo de políticas comerciais agresivas xa deron lugar a numerosos escándalos”.
Denuncian que eses obxectivos, sumados a carga de traballo habitual na rede de oficinas, forzan ao persoal a facer horas extras que o banco non paga, compensa e defrauda á Seguridade Social. “Demandamos unha carga de traballo realizable dentro da xornada laboral”, recalcan.
Discriminación das mulleres: 26 millóns de euros no 2018
As protestas tamén buscan forzar a Abanca a poñer en marcha medidas para rematar coa discriminación das mulleres. Os postos mais feminizados teñen maior carga de traballo, pero menores niveis retributivos e menores complementos de posto. Isto tradúcese nunha diferenza salarial de 11.173 euros ano entre homes e mulleres. “En total son 26 millóns de euros de beneficios grazas á discriminación das mulleres”.
Desconexión dixital
A lei establece o dereito á desconexión dixital, pero Abanca o incumpre. Por iso demandan que a empresa deixe de esixir unha dispoñibilidade de 24 horas os 365 días ao ano, tanto pola convocatoria de cursos, reunións, chamadas e correos fóra da xornada laboral, como pola conexión a tempo completo das ferramentas dixitais que facilita ao persoal, nomeadamente as tables surfaces. “Até temos detectado casos nos que se insta ao persoal que está de baixa a levarse as surfaces e traballar dende casa”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario