22 de maio de 2019

DEPORTES

TORNEO MEMORIAL IAGO AMEAL PEREIRA  

¡Parabéns ós benxamíns do Ribera e ós alevíns do Erizana pola súa vitoria no noso torneo Memorial Iago Ameal Pereira! 





Concello do Rosal / O Rosal

 O evento deportivo, celebrado o pasado venres 17 no campo de fútbol de A Mata, é un dos torneos referencia do Baixo Miño, sendo esta xa a súa IX edición.  

 Ademais, dado que o propio 17 de maio celebrouse o Día Mundial da Reciclaxe, o U.D. Ribera tivo a xenial iniciativa de aproveitar o evento para concienciar da importancia de reciclaxe, unha iniciativa coa que dende o concello estivemos encantados de colaborar. Así, colocáronse diferentes colectores para recoller os envases e papeis xerados durante o evento (moitos deles reutilizando vellos cubos de pintura), fixéronse carteis sobre a reciclaxe e repartíronse folletos informativos.  O éxito acadado pola campaña xa é toda unha motivación para repetir a iniciativa en próximas edicións.  

 ¡Moitas grazas a todas e todos pola participación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario