6 de maio de 2019

A GUARDA

Veciños da Guarda e Caminha realizaron a Ruta da Pedra e da Auga 
 

Caminhenses e guardeses, camiñando xuntos nas andainas organizadas pola Câmara Municipal de Caminha e o Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda e a Câmara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este ano 2019, no que se inclúen un total de 5 andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos realízanse en Galicia e Portugal.  

 As andainas iniciáronse no mes de febreiro e o pasado mércores día 1 de maio realizouse a ruta da Pedra e da Auga e do Río San Martiño o martes 1 de maio e rematarán coa ruta do Sendeiro do Miradoiro de Matacás o sábado 1 de xuño. 

 A PR-G171 Ruta Da Pedra e da Auga e do Río San Martiño, transcorre polo concello de Meis, onde os participantes percorreron un total de 20km de distancia comezando e rematando a ruta no mosteiro cisterciense de Armenteira.  

 A andaina estivo composta en realidade de dúas rutas. A da Pedra e da Auga con numerosos muíños restaurados que salpicados polas beiras do río Armenteira e a Ruta polo Río San Martiño. Nos arredores de Barrantes iniciouse a ruta polo río San Martiño que permitíu aos asistentes contemplar interesantes igrexas románicas (San Martiño e San Salvador de Meis) e espléndidas paisaxes da ría de Arousa.

ANDAINA 5

SÁBADO, 1 DE XUÑO: SENDEIRO DO MIRADOIRO DE MATACÁS (CASTRO CALDELAS - OURENSE) 

Distancia: 16,5 km 
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña  
Hora aproximada de chegada A Guarda: 20.00 h. 

Descrición: É a andaina de maior esixencia física das realizadas neste ano polo desnivel acumulado de subida de 1.141 m. Trátase dunha ruta homologada no 2018 (PR-G 237) na Ribeira Sacra ourensá, no concello de Castro Caldelas. No percorrido poderemos contemplar viñedos, soutos e sobreiras centenarias así como a espectacular panorámica sobre o Canón do Sil desde as Penas de Matacás.

Ningún comentario:

Publicar un comentario