Cultura, exposicións, feira de oportunidades, gastronomía, mercadillo solidario, motor e turismo
Propostas para esta fin de semana na vila de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Guarda prepárase para unha nova fin de semana que estará marcada por varias actividades para todos os gustos cunha homenaxe organizada pola Agrupación Cultural Guardesa, visitas guiadas ao Monte Santa Trega, dúas concentracións de motocicletas, unha Feira de Oportunidades, un Mercadillo Solidario, a derradeira fin de semana da Ruta Gastronómica Tapearte 2019 e a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.
Programación
VENRES 31 DE MAIO
O venres 31 de maio ás
18:00h o ferry boat "Santa Rita de Cássia" acolle a actividade inaugural do Festival
Transfronteirizo «Entre Margens», que terá lugar esta fin de semana na
localidade veciña de Caminha, contando coa participación de grupos de
música tradicional galegos e portugueses.
Ás 21:00h, no Centro Cultural da vila, terá lugar a homenaxe a José Luis Rodríguez Álvarez, organizada pola Agrupación Cultural Guardesa, e que contará con actuacións musicais do Grupo de Pandeiretas da Agrupación Cultural Guardesa; do Grupo Antorcha e da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.
Por outra banda, dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos, en horario de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ cada tapa.
Esta será a derradeira fin de semana da ruta Tapearte, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
SÁBADO 1 DE XUÑO
A rúa Vicente Sobrino acolle na xornada deste sábado a Feira de Oportunidades que organiza a Asociación de Empresarios ACIGU CCA. Unha ocasión especial para aproveitar os descontos e ofertas do comercio guardés.
Tamén na xornada deste sábado o Monte Santa Trega será o escenario para a visita de case un cento de motos da emblemática marca italiana Ducati na KDD Nacional DUCATI que organiza cada ano o Clube DOC D.C.E. e que este ano, celébrase entre o 31 de maio e o 2 de xuño.
Apaixonados das dúas rodas visitarán o Monte Santa Trega entre as 11:30h e as 12:30h, momento no que gozarán coas desde esa privilexiada atalaia natural, as paisaxes do Esteiro do Miño, o océano Atlántico,... así como aproveitar para coñecer o noso rico patrimonio no Museo Arqueolóxico e poboado arqueolóxico do Monte Santa Trega.
Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída no xacemento arqueolóxico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas, na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de maquetas e figuras da autoría de Praxíteles González Martínez. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame, da ponte da Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño serradoiro e dúas
vivendas rosaleiras, completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Horario de de visitas: De 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.
Continúa a Ruta Gastronómica Tapearte 2019 na que un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertan tapas os venres, sábados e domingos, en horario de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa. Esta será a derradeira fin de semana da ruta Tapearte, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
DOMINGO 2 DE XUÑO
Na xornada deste domingo día 2 de xuño a Praza do Reló será o escenario para a realización dun Mercadillo Solidario organizado dende Conrazones, en horario de 10:00 a 18:00h.
Como é habitual o diñeiro recadado será destinado á adquisición de alimentos para as familias que axuda este colectivo cada semana.
Este domingo celebrarase un novo evento para os amantes das dúas rodas co SPIDI TOUR GALICIA, unha actividade na que participarán máis dun cento de motocicletas que se atopan facendo unha ruta por Galicia e que visitarán o Monte Santa Trega a partires das 10:30h.
Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz permanece a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
E como xa informamos, este domingo remata a Ruta Gastronómica Tapearte 2019. As persoas que desexen participar, poderán facelo en horario de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario