22 de abr. de 2019

MARÍN

Alfonso Rueda: “María Ramallo é a alcaldesa que precisa Marín para seguir crecendo durante os vindeiros catro anos”   


Infogauda / Marín

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, definiu hoxe á candidata á Alcaldía de Marín, María Ramallo,  como un exemplo do que significa a xestión seria é eficaz do PP ao frente dun Concello, engadindo que representa a mellor garantía para que a localidade siga crecendo durante os vindeiros catro anos.  

 Durante a súa participación nun mitin xunto á número un da lista dos populares da provincia ao Congreso, Ana Pastor, e a propia candidata local, Rueda incidiu en que María Ramallo é “unha alcaldesa con experiencia, que sabe o que fai”, e a persoa que necesita Marín, confiando en  obter un “magnífico resultado” nas eleccións do 26 de maio, para o que chamou antes a gañar os comicios xerais que se celebran o domingo 28 de abril.  

 Desde xeito, apelou a concentrar o voto no Partido Popular para facer presidente a Pablo Casado, que é a única alternativa a Pedro Sánchez.  “O PP ten experiencia de goberno, ten folla de servizos”, dixo o presidente provincial, alertando sobre os “aventureiros” que non levan no seu programa “nin unha liña” para Galicia.  

 “Todos os votos que non vaian ao PP só benefician a Pedro Sánchez”, insistiu, suliñando que a lista que presentan os populares da provincia para Congreso e Senado e “a que mellor pode defender os intereses de Pontevedra en Madrid”. Levar a Ana Pastor como número un á Camara Baixa é un luxo, dixo Rueda, destacando que se trata dunha candidatura que combina á perfección experiencia e xuventude.  

 Pola súa banda, Ana Pastor incidiu en que o futuro do emprego, das pensións e dos servizos públicos pasa por unha xestión sensata e eficaz dos recursos. A número un ao Congreso tamén remarcou na súa intervención que a xeración de oportunidades e de postos de traballo está no centro do programa dos populares.  

 Finalmente, María Ramallo pediu durante a súa intervención compromiso e lealdade co PP”, un partido do “capaz de remontar crises, de facer posible recuperarnos económicamente e de xestionar con eficacia”. Engadiu que “Ana Pastor é sinónimo de calidade, esixencia e disciplina”, ademáis de coñocedora da provincia: “Un luxo para o partido, con solvencia e suficiencia acreditadas”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario