29 de abr. de 2019

DEPORTES

PIRAGÜISMO

DÚAS MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 2ª COMPETICIÓN DA LIGA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM 

 Alejandro Barreiro, medalla de ouro en K1 pre-benxamín

Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera  

 Este domingo tivo lugar en O Cordeiro, Salvaterra de Miño, a segunda das competicións da Liga Galega de Promoción de Slálom. A Liga de Promoción abarca os máis pequenos dos diferentes clubs galegos, concretamente as categorías pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil. Un total de cincuenta nenas e nenos tomaron a saída, dos cales catro foron en representación do Club Deportivo Miño-Teixugos.  

 Adrián Lluch rematou sexto en C1 infantil e undécimo en K1. Na mesma categoría Mateo Rivas rematou décimo.  


 Javier Lluch - a esq. - , medalla de prata en K1 benxamín

 En K1 benxamín Javier Lluch foi segundo, medalla de prata, polo tanto, e o seu compañeiro de categoría, Sergio Álvarez, rematou quinto.  

 En K1 pre-benxamín Alejandro Barreiro foi primeiro.  

 Na clasificación por equipos os Teixugos remataron na sexta posición.  



 Nestes momentos o Club Deportivo Miño, aínda que ten un equipo de promoción algo minguado, conta cun bo plantel nas categorías superiores, con moitos dos seus deportistas competindo ao máis alto nivel. Ao longo desta semana  e a que ven, Brais Castro e Luís Fernández en C1 e Manuel Ochoa en K1 loitarán por conseguir unha das tres prazas para o equipo español nos selectivos nacionais que se celebran nas canles da  Seu D´Urgell e de Pau, en Francia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario