1 de mar. de 2019

TOMIÑO

O comercio de Tomiño únese e reivindícase con letreiros de “Se vende”  



Lorena Quinteiro * / Tomiño

 No día de hoxe chegamos O Seixo, centro de Tomiño, e atopamos os escaparates dos comercios e hostalaría local con frases de “se vende”, así coma outras a favor do pequeno comercio. 

 Esta iniciativa xorde dun grupo de comerciantes mentres tomaban un café e falaban da mala situación que se vive nos últimos tempos. Decidiron facer unhas frases e repartilas a todos, unindo así a comerciantes pertencentes a ADETO, asociación de comerciantes de Tomiño, e tamén os que non son socios. “Decidimos facela precisamente hoxe por ser o Venres de Foliada, día do ano no que máis xente acolle o casco urbano con motivo do desfile de comparsas” comentan. 

 A razón que leva ós comerciantes a facer esta campaña é para intentar concienciar ós cidadáns da importancia do pequeno comercio.  

 Os comerciantes non só fan posible que haxa vida nos pobos, barrios, rúas…, senón que son parte activa da economía e a actividade local. Un comerciante paga os seus impostos, crea postos de traballo e ademais, na medida do posible, colabora coas festas e as celebracións que se realizan no concello ó longo do ano. 

 Agora que se vai facer a humanización nunha parte do centro, ¿quén pode imaxinar ir camiñando e ver cara un lado e o outro e atoparse cos locais pechados? 

 “Isto é algo no que todos nos deberíamos parar a pensar de vez en cando. Con todo isto non queremos dicir que non se poida comprar por internet ou ir a unha área comercial, creemos que, sen dúbida, todo é compatible”, afirman desde o colectivo de comerciantes de Tomiño.

* Xerente de ADETO

Ningún comentario:

Publicar un comentario