O PP de Pontevedra aúna renovación e experiencia nas súas listas ao Congreso e ao Senado e redobra a aposta pola provincia
PP / Pontevedra
O PP de Pontevedra aúna renovación e experiencia nas súas listas de candidatos ao Congreso e ao Senado nas eleccións do 28 de abril, ao mesmo tempo que redobra a súa aposta pola provincia salvaguardando a representación territorial.
A actual presidenta do Congreso, Ana Pastor, repetirá como cabeza de cartel na Cámara Baixa. O número dous será para o actual presidente nacional de Novas Xeracións e concelleiro no Concello de Vigo, Diego Gago, unha aposta pola mocidade, mentras que o terceiro posto na lista corresponde á portavoz municipal do PP en Vilagarcía, Elena Suárez. En ambos casos é a primeira vez que aspiran a entrar nas Cortes.
Juan Manuel Constenla Carbón, edil de Cultura, Obras e Medioambiente no Concello de A Estrada, ocupará o cuarto lugar da candidatura. O número cinco é para María Antonia Sanmartín García, concelleira de Medioambiente e Benestar Social no Concello de Marín; seguida de Miguel Ángel García González. Pecha a lista a actual presidenta de Novas Xeracións en Pontevedra, Ana Cristina Pérez Cabaleiro.
No Senado, a provincia asegúrase talento e traballo cunha lista integrada por Miguel Fidalgo, actual senador e concelleiro no Concello de Vigo, a expresidenta do Parlamento de Galicia e actual deputada no Congreso Pilar Rojo e o que foi alcalde de Ponteareas Salvador González Solla.
O presidente provincial, Alfonso Rueda, destacou ao candidatos populares tanto ao Congreso como ao Senado como “o mellor equipo para defender os intereses da provincia de Pontevedra” en Madrid, destacando a súa capacidade de traballo e xestión eficaz.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario