26 de mar. de 2019

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ESTREA NOVA SINALIZACIÓN PARA IDENTIFICAR  1.200 QUILÓMETROS DAS SÚAS ESTRADAS PROVINCIAIS  

Os novos fitos quilométricos serviráncomo referencia de ubicación a persoas usuarias e persoal técnico de mantemento  
 

Operarios procedendo á instalación dos novos fitos quilométricos
Foto: D. PO.

 Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra está a remata nestes días a instalación dos novos fitos quilométricos que identificarán por vez primeira uns 1.200 quilómetros da súa rede provincial de estradas. Estes sinais darán información sobre o nome e titularidade da vía, así como do punto polo que se circula, amosando a distancia en quilómetros con respecto ao inicio da estrada, eteñen o obxectivo de servir como referencia de ubicación para persoas usuarias e persoal técnico de mantemento.  

 O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que coa nova identificación das vías provinciais cúbrese a sinalización do 70% da rede da Deputación, que ata o momento non tiña ningún tipo de rótulo explicativo. De feito, ata o de agora apenas había indicadores tipo ‘monolito’ co antigo logotipo provincial nas vías da comarca do Salnés e nalgún concello puntual. 

 Os novos sinais son placas rectangulares de metal, de deseño atemporal e con certificado de conformidade CE,seguindoo formato que tamén utilizan o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para o seu viario. Instaláronse a cada quilómetro da vía e aportan datos da denominación oficial da estrada sobre un fondo laranxa: as letras EP -correspondentes ás iniciais de estrada provincial-, e o seu número, cuxas dúas primeiras cifras corresponden aoconcello e as dúas seguintesao número de vía provincial dentro de cada municipio. 

 O subministro e instalación dos fitos quilométricos dividiuse en catro lotes que sumaron un orzamento de 370.658,49 euros. O primeiro lote abrangue as comarcas de Pontevedra, Vigo, Condado e Paradanta, con 411 novos fitos colocados; o segundo lote prevé a colocación de 359 sinais nas comarcas de Pontevedra, Morrazo e Caldas de Reis; o terceiro lote supón a instalación de 428 fitos nas comarcas de Vigo, Baixo Miño, Condado, Caldas e O Salnés; e finalmente, para as comarcas do Deza, Tabeirós e Caldas destínanse 640 sinais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario