26 de mar. de 2019

O ROSAL

A Deputación de Pontevedra financia tres novas actuacións no Rosal coa liña 1 do Plan Concellos 2019  

Con preto de 40.000 euros levarase a cabo obras de mellora en espazos públicos e a adquisición de vehículos e materiais necesarios

Infogauda / O Rosal

 A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, tres novos investimentos para o concello de O Rosal ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 37.947,06 euros.  

 Máis polo miúdo, destinaranse 10.587,50 euros para a adquisición dun remolque versátil para limpeza viaria; outros 20.042,48 euros para financiar a acometida trifásica á nave almacén para servizos municipais; e, por último, 7.317,08 euros para a adquisición dunha fotocopiadora para as oficinas municipais do concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario