PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA
EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 25 Ao VENRES 29 DE MARZO DE
2019
Luns, 25
19:30 horas
A Delegación de la
Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación da novela
"El último barco", de Domingo Villar, editada por Siruela, e coa que o autor de 'A praia dos
afogados' volve, dez anos despois, co
celebrado inspector Leo Caldas. En “El último barco”, con case 800
páxinas, Caldas terá que investigar a desaparición dunha moza en Vigo, Mónica,
a filla do doutor Andrade, que vive en
Moaña, un tranquilo pobo alén da ría.
No acto, a xornalista Susana
Santaolalla conversará co recoñecido escritor.
Xoves, 28
12:00 horas
Presentación da IX
Carreira de Montaña polos montes de Viveiro,
CAMOVI, que se celebrará na costeira
vila lucense, o día 27 de abril e que conta cun espectacular trazado
circular desde o que prácticamente
pódese contemplar o mar en todo momento. Son 42 kms de puro monte galego aínda que tamén está a posibilidade
da CAMOVI 18 K, un trail
máis curto de 18 quilómetros para os principiantes e que comparte a
última etapa da carreira longa. Desenvólvese unha contorna privilexiada chea de
atractivos gastronómicos, culturais e turísticos.
No acto intervirán: Marisol Loureiro,
alcaldesa de Viveiro; Pedro Esmorís,
director e creador de CAMOVI; Horacio Albo, organizador de CAMOVI; e
Estívaliz Veiga, actriz e corredora.
Xoves, 28
19:30 horas
“Sesión solemne da Academia
Xacobea na que lerá o discurso de ingreso como académica de número, Pilar Falcón.
No mesmo acto entregaranse diplomas e
distincións aos académicos de Honra: Enrique
Santín; Antonio Fernández Buján
e Félix Sanz Roldán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario