19 de feb. de 2019

TOMIÑO

"8-M Mozas en folga!": Asemblea organizada por Galiza Nova 

· Este xoves  21 de febreiro, ás 19:30, no local do BNG, en Tomiño  
   

Galiza Nova / Tomiño

 A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca do Baixo Miño organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este xoves 21 de febreiro ás 19:30 no local do BNG de Tomiño (Rúa Colón 6, baixo) para socializar a convocatoria de folga de mulleres convocada para o 8 de marzo entre as mozas e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para reivindicar os dereitos das mulleres.  

 Despois do éxito dos anos previos, este 8 de marzo volvemos a estar chamadas todas as mulleres e mozas a facer folga estudantil, de consumo, de coidados e laboral, así como a acudir masivamente ás manifestacións e concentracións convocadas polo tecido feminista e sindical galego. Neste sentido, desde Galiza Nova presentamos unha campaña propia coa que queremos socializar entre as mozas galegas a folga convocada polo sindicalismo obreiro galego, a través da CIG e as distintas mobilizacións que conovoca o movemento feminista galego a través de Galegas8M.  

 Para iso contaremos coa presenza e a intervención de Raquel Pérez, da CIG Industria de Vigo e Ana Belén Bernárdez, Responsable Comarcal da Asemblea de Mulleres.   

 Desde Galiza Nova facemos un chamamento para acudir á manifestación nacional do domingo 3 de marzo, ás 12h en Lugo, e a todas as convocatorias locais do 8 de marzo. 

SE NON CONTAN CON NÓS, QUE PRODUZAN SEN NÓS! MOZAS EN FOLGA POR UNHA GALIZA FEMINISTA! 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario