A Festa da Arribada de Baiona contará cun punto de información contra a violencia sexual
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde, Ángel Rodal, presentaron hoxe a iniciativa 'Agresión Off. Eu digo non á violencia sexual'
A secretaria xeral da Igualdade, Susana
López Abella, e o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, na presentación do punto de información contra a violencia sexual
Foto: X. G.
Infogauda / Baiona
A secretaria xeral da Igualdade, Susana
López Abella, e o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, anunciaron hoxe que a
Festa da Arribada, que se celebrará entre o 1 e o 3 de marzo, contará
cun punto de información contra a violencia sexual.
O posto estará
situado no paseo de Elduayen e contará con cartelería e outro material
de divulgación e sensibilización. Estará atendido por 4 educadores, que
estarán presentes entre as 20 horas e as 3 da madrugada. Tamén contará
con servizo de atención psicolóxica.
Esta actividade está
enmarcada no acordo recentemente firmado entre a Vicepresidencia e a
Axencia de Turismo de Galicia, e que ten como obxectivo difundir a
campaña Agresión Off. Eu digo non á violencia sexual tanto nas festas de interese turístico galego, nacional e internacional, como nos festivais acollidos á marca Festgalicia.
Este
acordo forma parte das medidas postas en marcha ao abeiro do Pacto de
Estado contra a violencia de xénero, unha ferramenta de gran relevancia
para loitar contra esta lacra e que aposta pola coordinación,
colaboración e cooperación de todas as institucións e pola
sensibilización do conxunto da sociedade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario