Inauguración da nova Casa do Concello
O vindeiro venres día 22 de febreiro ás 18:00 horas, na Praza do Reló, realizarase na Praza do Reló a inauguración da nova Casa do Concello de A Guarda.
Modificando a previsión inicial - da cal informamos oportunamente os lectores deste xornal dixital -, que incluía a visita e intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o executivo municipal do concello guardés informa que intervirán:
· Maica Larriba García, subdelegada do Goberno en Pontevedra
· Marta Fernández-Tapias Núñez, directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia
· Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
· Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda
PROGRAMA
17:45h - Benvida e recepción de autoridades e asistentes na Praza do Reló
18:00h – Actuación: Himno á Guarda, cantado por un Grupo Coral
18:10h - Descubrir placa conmemorativa.
18:20h - Discurso inaugural de autoridades:
· Maica Larriba García, subdelegada do Goberno en Pontevedra
· Marta Fernández-Tapias Núñez, directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia
· Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
· Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda
18:40h - Actuación: Himno Galego, interpretado por un gaiteiro
18:45h - Corte simbólico de cintas na porta de acceso.
18:50h - Acceso ao interior e visita ás instalacións.
18:50h - Acceso ao interior e visita ás instalacións.
18:55h – Viño galego.
Fin do acto

Ningún comentario:
Publicar un comentario