22 de feb. de 2019

A GUARDA

O Concello de A Guarda renova a cesión do local da Asociación Érguete Baixo Miño


 A imaxe corresponde ao acto da sinatura do convenio
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 


 Na mañá de onte, día 21 de febreiro de 2019, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e o presidente da asociación Érguete Baixo Miño, Victoriano Rodríguez González, asinaron o convenio para a renovación da cesión do local que emprega este colectivo na «Casa do Pescador», cedido á súa vez pola Tesorería General de la Seguridad Social ao Concello de A Guarda para o seu uso para fins de interese social. 

 Deste xeito a Asociación Érguete Baixo Miño pode continuar empregando este espazo por 4 anos máis, prorrogables, para as súas labores sociais en beneficio dos veciños de A Guarda e arredores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario