19 de feb. de 2019

A GUARDA

O BNG convoca ao pobo da Guarda a unha asemblea sobre a rúa Concepción Arenal
   
Ángel Luis Baz Vicente (voceiro municipal do BNG no concello): “Quero convidar a todo pobo da Guarda a esta reunión na que queremos compartir a visión do BNG sobre a rúa Concepción Arenal”  


Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, na rúa Concepción Arenal
Foto: BNG

Infogauda / A Guarda

 O BNG vai celebrar unha asemblea no Centro Cultural de A Guarda o próximo xoves día 21 de febreiro ás 20:30 horas, para explicar a súa posición sobre o proxecto de urbanización da rúa Concepción Arenal que está a realizar a Deputación de Pontevedra.  

 “Sempre tivemos claro que tipo de rúa queriamos, unha rúa para as persoas, para o comercio, no que o coche se sentise convidado e non protagonista, cun sentido único que posibilite o acceso ás vivendas e carga e descarga... Unha rúa onde pasear non sexa unha aventura perigosa”, comentou Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario