ATLETISMO
NOVOS ÉXITOS DEPORTIVOS DOS GUARDESES ÁLEX SIERPES, MILU RODRÍGUEZ E CHRISTIAN SIERPES
· OUTRAS 3 MEDALLAS PARA O ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO NO XXX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA
· CELEBRADO A PASADA FIN DE SEMANA EN POBRA DO CARAMIÑAL (A CORUÑA)
Podio de Álex Sierpes Pereira, campión galego de 2km marcha en ruta, na categoría sub 12 masculino
Informa (Redacción e fotografías): Sociedade Atlética do Trega / Tomiño
Nunha xornada de tarde chuviosa, o pasado sábado día 19 de xaneiro tivo lugar na Pobra do Caramiñal (A Coruña), o XXX Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, onde Álex Sierpes Pereira, do club Sociedade Atlética do Trega, alzouse co ouro, proclamándose campión galego de 2km de marcha en ruta, na categoría sub 12 masculino, cun tempo de 10´37" e mellor marca persoal.
Podio de María Emilia Rodríguez Baz (Milu), subcampioa galega, master 35, en 10km
Tamén María Emilia Rodríguez Baz (Milu), do club Sociedade Atlética do Trega, fíxose coa prata, quedando subcampioa galega, master 35, en 10km, cun crono de 59´30" mellorando a súa marca persoal.
Podio de Christian Sierpes Pereira, medalla de bronce, na categoría sub14, en 3.000 metros
E o bronce veu a cargo de Christian Sierpes Pereira, tamén do club Sociedade Atlética do Trega, na categoría sub14, en 3.000 metros, con 16´07" mellor marca persoal.
Por último, felicitar aos tres marchadores, polos seus excelentes resultados alcanzados nese evento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario