15 de dec. de 2018

TOMIÑO

A ALCALDESA DE TOMIÑO ENTREVÍSTASE CO DELEGADO DA ZONA FRANCA EN VIGO PARA ESTUDAR VÍAS DE COLABORACIÓN COS SECTORES PRODUTIVOS DO BAIXO MIÑO 

A REXEDORA TRASLLADOU A DAVID REGADES O INTERESE DO CONCELLO TOMIÑES EN LEVAR ADIANTE CO APOIO DE ZONA FRANCA DIVERSAS INICIATIVAS DE MELLORA PARA A COMARCA 

De esq. a der.: Uxío Benítez, Sandra Gonzalez e David Regades
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño

 A visita realizada pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, ao delegado de Zona Franca puxo sobre a mesa o interese de ambos por iniciar estudos para unha posible colaboración que teña como obxecto o desenvolvemento dos sectores produtivos do Baixo Miño. Sandra Gonzalez, que asistiu acompañada do concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, trasladou a David Regades o interese do concello tomiñes en levar adiante co apoio de Zona Franca diversas iniciativas de mellora para esta comarca ribeirega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario