Xa se poden recoller as entradas
Para as dúas obras de teatro do Nadal e o espectáculo do Apalpador
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda ofertará dúas obras de teatro na Axenda de Nadal 2018/19 coas funcións do teatro para nenas/os «Tristán» o vindeiro xoves 27 de decembro ás 17:30 horas no Centro Cultural e do teatro-clown musical para adultos «Route 66» o venres 28 de decembro ás 21:00 horas no Centro Cultural, e o sábado 29 co espectáculo do Apalpador, tamén no Centro Cultural.
O xoves 27 de decembro ás 17:30 horas o Centro Cultural acolle a sesión de teatro “Tristán” a cargo da compañía Elegante Elefante. As entradas están dispoñibles dende o 17 de decembro no Centro Cultural.

O venres 28 de decembro ás 21:00 horas o Centro Cultural acolle a sesión “Route 66” de Teatro-Clown musical para adultos de Blues Grampas, unha compañía de teatro en clave de clown musical composta por dous recoñecidos actores de longa traxectoria e experiencia no panorama escénico galego: Juanillo Esteban e Carlos Sante.

A recollida de entradas para ámbalas dúas obras de teatro e para a visita do Apalpador poderá facerse xa dende este luns día 17 de decembro no Centro Cultural da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario