9 de out. de 2018

TOMIÑO

CULTURA

O ESCRITOR E POETA GUARDÉS FRANCISCO ÁLVAREZ ÁLVAREZ (KOKI), PRESENTA A SÚA NOVA OBRA “A MEMORIA DAS PALABRAS” 

· Será o venres día 19 de outubro no Mercado Municipal de Tomiño, e contará coa asistencia da alcaldesa Sandra González; o profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo, e o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal  



Infogauda / Tomiño

 O escritor e poeta guardés Francisco Álvarez Álvarez (Koki(, presentará en Tomiño a súa nova obra, A memoria das palabras, “un cosmos poético no que o escritor une dous espazos e dous tempos”: a New York emigrante no que el mesmo ten vivido tantos anos e a memoria da súa Guarda natal. Será o venres día 19 de outubro, ás 20:00 horas no Mercado Municipal de Tomiño.  

 A presentación contará coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez; o profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo Cuba, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal Fariña.  

 Actividade de balde, para persoas maiores de 12 anos.  

 Nado na Guarda en 1957, Francisco Álvarez Álvarez (Koki) reside en New York, cidade na que funda o colectivo Celso Emilio Ferreiro para amosar a cultura galega a través de distintas actividades. Autor de numerosos libros de poemas e prosa, define a A memoria das palabras, coma un traballo de poesía social e a el mesmo, coma a un “obreiro das palabras”. De maneira simultánea, vén de editar outras dúas obras, en Edicións Fervenza: “Un neno na emigración” e “Vasoiras Barreiro”, ambas as dúas, para público infantil. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario