9 de out. de 2018

PONTEVEDRA

O Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra convoca unha concentración este mércores contra os ataques machistas 

O acto de protesta terá lugar na cidade de Pontevedra ás 20:00 horas, no encontro das rúas Daniel de Sota coa Peregrina



Infogauda / Pontevedra

O Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra convocou para este próximo mércores unha concentración de condena de todo tipo de comportamentos e ataques machistas ás mulleres, e especialmente do machismo institucional dos cargos públicos.  

 Baixo o lema de "Machismo institucional. Nin un minuto máis", a concentración xurde en repulsa aos últimos insultos machistas do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e para reclamar o cesamento inmediato de calquera comportamento relacionado coas violencias machistas e coas distintas formas de discriminación e violencia que sufrimos as mulleres. A protesta terá lugar este mércores as 20:00 horas no encontro da rúa Daniel de la Sota coa rúa Peregrina, na cidade de Pontevedra.  

 Esta concentración, á que se convoca a toda a cidadanía, enmárcase nas habituais convocatorias da Área de Igualdade da institución provincial, desde a chegada deste goberno á Deputación de Pontevedra, como protesta e en resposta a cada comportamento machista e de ataque ás mulleres polo feito de selo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario