OBRADOIRO DE XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN FAMILIA
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal pon en marcha este obradoiro gratuito en colaboración coa Deputación de Pontevedra e dirixido a nenos, avós e avoas, pais e nais, tíos e tías,...a partir dos 6 anos.
Os participantes realizarán unha posta en común dos xogos de patio e tradicionais máis utilizados na súa época, tanto nas xeracións mais maiores coma nos máis cativos. Con posterioridade a esta recompilación traballarase por grupos en cada un dos xogos de patio e elaboraranse xoguetes dos xogos tradicionais.
Inscricións - ata o 15 de novembro - no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal os martes, mércores e xoves. Para inscribirse é necesario o DNI dos participantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario