30 de out. de 2018

A GUARDA

FÚTBOL

ENCONTRO DE MÁXIMA RIVALIDADE COMARCAL


O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ O ERIZANA 

O xoves día 1 de novembro, ás 17:00 h., no Estadio Municipal A Sangriña


Infogauda / A Guarda


 O xoves día 1 de novembro, ás 17:00 h., no Estadio Municipal A Sangriña, disputarase o encontro correspondente a 4ª xornada de liga Primeira Autonómica Grupo 5º, que fora aplazado polas obras - substitución do céspede artificial - que daquela estábanse desenvolvendo no terreo de xogo.

 Como é tradicional, será un encontro de máxima rivalidade comarcal, na que o equipo locatario tratará de manter súa imbatibilidade e tamén a primeira praza na clasificación, con 18 puntos, namentras que o conxunto miñorán, situado no 13º posto da táboa, e con 10 puntos, virá disposto a levarse o mellor resultado posible.

 Dese xeito, todo fai prever que os dous equipos ofrecerán os seus respectivos siareiros o mellor espectáculo deportivo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario