9 de out. de 2018

A GUARDA

A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» contará con ponencias de especialistas do sector

· Os días 25, 26 e 27 de outubro terán lugar na Guarda, unhas xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía


Infogauda / A Guarda

 A Guarda prepárase para acoller os días 25, 26 e 27 de outubro unhas xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía baixo o proxecto «Tecnoimaxín», que traerá á vila guardesa a especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial.
 O programa da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» terá inicio na xornada do xoves 25 ás 10:00h, cun acto inaugural no que se contará coa asistencia do delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades Fernández; o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes Álvarez e demais convidados.
 De seguido terá lugar o primeiro obradoiro sobre «Competencias emocionais para afrontar un futuro laboral dixitalizado» a cargo da adestradora, formadora e psicopedagoga Gema Sánchez-Cabezudo.
 Xa pola tarde, ás 18:30h, Débora Ramón de Iglesias, directora de Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo, falará sobre os Proxectos da Zona Franca de Vigo, interesantes iniciativas para o apoio aos emprendedores e a creación de novas empresas.
 A continuación, dende ás 19:00h, Jaume Gurt, director de Organización e Desenvolvemento de persoas Schibsted Spain, pechará esta primeira xornada cunha ponencia sobre «A felicidade nas novas organizacións»
 Na segunda xornada da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» o venres 26 de outubro terá lugar a Feira Maker de 10:00h a 12:00h, onde os asistentes poderán coñecer todas as novidades sobre novas tecnoloxías e robótica da man de expertos do sector, grazas a conferencias e exhibicións, que contarán coas intervencións de Manuel Rodríguez, técnico de hardware de OPRobots e Alejandro Santos, técnico de software de OPRobots.
 Ás 12:30h está prevista a realización dunha charla a cargo de Óscar Rodríguez, Coordinador xeral de Ledisson Ait, programación robótica, sobre «A disrupción laboral: unha verdade incómoda».
 Xa pola tarde, ás 16:00h a Escola Superor Gallaecia será a encargada da realización dunha charla sobre «Tecnologia vs Arte – Vídeo 360º», a cargo de Emília Simão e Samuel Barbosa – profesores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia e Ensino Universitário.
 Para rematar esta segunda xornada da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín», ás 17:30h, Brais X. Currás doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso, licenciada en Historia, falarán sobre «Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico».
 A terceira e derradeira xornada terá lugar o sábado 27 de outubro cunha Feira de Empresas do sector que comezará ás 10:00h e se estenderá ao longo da mañá, con presentacións das empresas da comarca cun perfil innovador baixo a moderación de Susana Rodríguez, coach e psicóloga social. Tamén se contará coa ponencia de María Caeiro, conselleira delegada Grupo Caeiro, que ás 11:00h falará sobre a «Nova perspectiva nos Recursos humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica».
 A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de tres días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño.
 O proxecto conta cunha páxina web na que se irá ampliando informacións de interese sobre este Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

PROGRAMA TECNOIMAXÍN – CONCELLO DA GUARDA

XOVES 25 OUTUBRO
MAÑÁ

Acto inaugural – 10:00 horas

David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo

OBRADOIRO 10:15 – 13:00 horas

Competencias emocionais para afrontar un futuro laboral dixitalizado

Gema Sánchez- Cabezudo

Coach, formadora e Psicopedagoga

TARDE
18:30 – Proxectos da Zona Franca de Vigo

Débora Ramón de Iglesias, directora de Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo

19:00 a 20:30 A felicidade nas novas organizacións

Jaume Gurt, director de Organización e Desenvolvemento de persoas Schibsted Spain (formada polas marcas InfoJobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios

Autor Blog Un Ceo sin corbata

VENRES 26 OUTUBRO
FEIRA MAKER ( feira de tecnoloxía, robótica, …)

Conferencia/exhibición 

10:00/12:00 Robótica de competición e formación por OPRobots

Manuel Rodríguez (técnico de hardware de OPRobots) e Alejandro Santos (técnico de Software de OPRobots) Contarán con robots durante todo o día no seu stand

12:30 / 13:30

Óscar Rodríguez Coordinador xeral de Ledisson Ait, programación robótica,

A DISRUPCIÓN LABORAL: UNHA VERDADE INCÓMODA

Novos perfiles, actitudes, aptitudes nos novos entornos laborais

TARDE
16:00-17:30 ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA

Emília Simão & Samuel Barbosa – profesores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia | Ensino Universitário

Tecnologia vs Arte – Vídeo360º

17:30-18:00 Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico

Brais X. Currás, doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso, licenciada en Historia

SÁBADO 27 DE OUTUBRO
DURANTE TODA A MAÑÁ 10:00 / 14 horas

Feira de empresas

11:00/12:00 Nova perspectiva nos Recursos humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica

María Caeiro, conselleira delegada Grupo Caeiro

Vicepresidenta de M. Caeiro, S.A.
Presentacións das empresas: empresas da comarca cun rasgo innovador

Conduce Susana Rodríguez

Coach e psicóloga social

Ningún comentario:

Publicar un comentario