12 de out. de 2018

A GUARDA

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita A Guarda 

· Os días 19 e 20 de outubro  

Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o vindeiro venres día 19 de outubro e o sábado día 20 de outubro. Estará emprazada na Rúa Coruña, ao carón do Campo da Fínola o venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas e o sábado en horario de 10:00 a 15:00 horas. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan a cotío nos hospitais galegos. 

Non esquezas traer o teu DNI. 
Non acudas sen almorzar e despois do xantar agarda 2 horas 
Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento 
A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.  

 Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario