10 de out. de 2018

A GUARDA

Xornadas de Portas Abertas cos centros educativos 

· Nas novas instalacións do Concello 

O alcalde Antonio Lomba Baz con profesoras e alumnos de un centro educativo da localidade
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 Dende onte martes día 9 de outubro alumnos dos diferentes centros educativos da vila participan nas Xornadas de Portas Abertas para coñecer o funcionamento e as novas instalacións do Concello da Guarda no inmoble coñecido como a Casa dos Alonso.  

Os máis novos no Salón de Plenos do Concello

 Os alumnos que participan nestas Xornadas coñecen como é o funcionamento dos diferentes departamentos do Concello da Guarda, atendendo as explicacións do funcionariado e facendo aquelas preguntas que lles parecen de interese sobre o día a día neste espazo municipal.
  
Os escolares tamén visitaron as instalacións da Policía Local

 Entre as accións destas visitas os alumnos visitan o Salón de Plenos e as instalacións da Policía Local, ademais de ser recibidos polo alcalde, Antonio Lomba Baz, quen recolle as inquedanzas dos máis pequenos do municipio e atende ás súas dúbidas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario