INICIO DAS DEPORTE ESCOLAS
· E estrea do novo céspede do Estadio Municipal da Sangriña
O alcalde Antonio Lomba Baz, a deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez e o concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González, con directivos e xogadores de varios clubes deportivos de A Guarda, no acto de onte no Estadio Municipal A Sangriña
Fotos: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
Na tarde de onte martes día 9 de outubro de 2018, o Estadio Municipal da Sangriña acolleu o inicio das DEPORTE Escolas, na modalidade de fútbol, promovidas dende a Deputación de Pontevedra.
DEPORTE escolas é un programa da Deputación de Pontevedra, en colaboración coas federacións deportivas, totalmente gratuíto, que busca promover a actividade físico-deportiva entre as nenas e nenos en idade escolar a través da oferta de diferentes modalidades deportivas.
Estas actividades están dirixidas a nenas e nenos de 5 a 15 anos, de toda a provincia de Pontevedra, excepto naquelas escolas nas que, polas características técnicas do deporte que se vai practicar, se modifique a idade das e dos participantes. Nas escolas non se discriminará o alumnado por sexo, fomentando a igualdade.
O alcalde de A Guarda dirixíndose a tódalas persoas que asistiron o evento
No Concello da Guarda realizaranse DEPORTE Escolas nas modalidades de baloncesto, patinaxe e fútbol.
A modalidade de baloncesto realizarase no CEIP Manuel Rodríguez Sinde os venres, en horario de 16:00 a 18:00 h., a modalidade de patinaxe, realizarase no CEIP Manuel Rodríguez Sinde os luns, de 17:00 a 18:00 h., para os nados do 2013 ao 2008 e tamén os luns, de 18:00 a 19:00 h., para os nados do 2007 ao 2002 e a modalidade de fútbol terá lugar os martes e xoves, de 17:30 a 20:00 h., os martes e venres, de 17:30 a 20:00 h. e os mércores e venres, de 17:00 a 18:30 h .
AS OBRAS DE REPOSICIÓN DO MOVO CÉSPEDE ARTIFICIAL NO ESTADIO MUNICIPAL DA SANGRIÑA ASCENDERON A MÁIS DE 160.000,00 EUROS
O inicio das DEPORTE Escolas de Fútbol coincide co remate dos traballos de reposición do céspede artificial do Estadio Municipal da Sangriña, unhas actuacións que comezaron a finais do mes de agosto financiadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, despois de 11 anos de uso intensivo e desgaste do anterior céspede instalado, contando cun orzamento total 169.595,78€.
O novo céspede é de última xeración, para a práctica de fútbol 11 e 7, cunha base de 20 mm e 45 mm de altura, monofilamento 12,950 Dtex, lastrado con area de sílice lavada e secada a fogo e caucho SBR3D. Este recheo é de maior resistencia os UV, reduce o efecto Saplash, (bote de balón), maior resistencia a pisada sen po no campo, e maior estabilidade.
Tamén se substituíron as mallas das porterías, as bandeiras dos saques de esquina, así coma a revisión e posta a punto do sistema de rego e do correcto funcionamento da drenaxe do campo antes da finalización das obras, para unha correcta práctica deportiva nestas instalacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario