19 de set. de 2018

CAMINHA / A GUARDA

DEPORTES

O Grande Trail Serra D´Arga chega esta fin de semana á Guarda 


Caminha / A Guarda

 Esta fin de semana celébrase o evento deportivo Grande Trail Serra D´Arga 2018, unha proba que este ano cruza a fronteira dende Caminha para desenvolver parte do seu programa no Concello da Guarda e no Monte de Santa Trega. 

 O vindeiro venres día 21 de setembro celebrarase a proba GTSA Sunset, cunha distancia de 13 km, os participantes realizarán a travesía no transbordador Ferry Boat ata A Guarda ás 17:30h, para saír ás 20:00h dende a marxe galega do río Miño e percorrer os 13 km da proba polo Monte Santa Trega, onde os participantes gozarán das especiais e singulares vistas cun solpor máxico.  

 Na parte final desta proba realizarase unha travesía en kayak ata o Centro de Caminha atravesando o río Miño.  

 Na xornada do sábado 22 de setembro terá lugar a proba Grande Trail Serra D´Arga Aventura, cun total de 80 km e que terá saída dende A Guarda ás 7:00h da mañá, cun percorrido polo Monte de Santa Trega e continuará por terras de Caminha. A entrega de premios realizarase ás 18:30h en Dem (Caminha).  

 A programación de actividades do  Grande Trail Serra D´Arga realizarase do seguinte xeito:

PROGRAMA 2018
21 de setembro (sexta-feira)

16h00 – Abertura do secretariado nos Paços do Concelho de Caminha

18h30 – Travessia do rio Minho em Ferry Boat

19h00 – Partida do GTSA Sunset 13 Km
21h30 – Entrega de prémios GTSA Sunset (centro da vila de Caminha)
22h00 - Encerramento do secretariado

22 setembro (sábado)

05h30 – Concentração dos atletas GTSA Aventura 80Km no centro de Caminha

06h00 – Partida GTSA Aventura 80Km

07h00 – Abertura do secretariado em Dem
09h00 – Início da prova Ultra Trail 53km e encerramento do secretariado
10h30 - Partida GTSA KM Vertical em Estorãos
15h00 – Abertura do secretariado em Dem
16h00 - Partida GTSA Kids (Dem)
17h30 – Entrega de prémios em Dem (GTSA Aventura 80 Km, GTSA Ultra Trail 53 km e GTSA Vertical)
22h00 – Fim das atividades

23 setembro (domingo)

09h00 – Partida Trail Longo 33 km

10h00 – Partida Trail Longo 21 km e Trail Curto 14 km em S. Lourenço da Montaria

10h10 – Partida da Caminhada 7 km
11h30 – Chegada prevista dos primeiros atletas do Trail Curto 14 km (S. Lourenço da Montaria)
11h50 – Chegada prevista dos primeiros atletas do Trail Longo 21 km e Trail Longo 33 km (S. Lourenço da Montaria)
15h00 – Cerimónia de entrega de prémios Trail Longo 33 km, Trail Longo 21 km e Trail Curto 14 km S. Lourenço da Montaria)

*As horas do programa anterior están en horario de Portugal, +1:00h en España.

Para máis informacións premer en:

ou na web

Ningún comentario:

Publicar un comentario