BALONMÁN DHF
MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS VS. SÚPER AMARA BERA BERA
Sábado día 22 de setembro, ás 18:30 h., no pavillón da Sangriña
Infogauda / A Guarda
O vindeiro sábado día 22 de setembro de 2018 será unha desas xornadas nas que tódolos afeizoados o deporte, en xeral, e o balonmán feminino, en particular, saberán disfrutar como corresponde. Nesa data, a cancha do pavillón da Sangriña será o esceario onde dous grandes equipos do balonmán español, concretamente da División de Honra Feminina, como son o Mecalia Atlético Guardés, campión da Liga 2016-2017 e subcampión da Liga 2017-2018, e o Súper Amara Bera Bera, de Donostia, subcampión da Liga 2016-2017 e campión da Liga 2017-2018; estarán cara e cara unha vez máis, para ofrecer a tódolos siareiros de A Guarda e súa comarca, e por suposto, os seguidores do equipo visitante, o mellor balonmán que hai neste país.
O encontro, que corresponde a xornada 3 da tempada 2018-2019, da Liga Guerreras Iberdrola, dará comezo ás 18:30 h.
Compre relembrar que nestes intres o Mecalia Atlético Guardés encabeza a táboa clasificatoria, con 4 puntos, os mesmos que o BMC Liberbank Gijón - segundo clasificado - e que o Súper Amara Bera Bera, que está no terceiro posto da táboa.
En canto a goles, o Mecalia Atlético Guardés tan a seu favor 71, e 46 en contra, namentras que o Súper Amara Bera Bera, contabiliza 59 goles a favor e tamén 46 en contra. Eses datos son ben indicativos do nivel de ambos os dous equipos.
A xunta directiva do Mecalia Atlético Guardés designou este encontro como Día do Clube.
Os prezos que rexirán ese día son os seguintes:
Socios:
Adultos: 5 euros
Sub 20 e Sub 13: 3 euros
Menores de 7 anos: de balde
Non socios:
Adulto: 18 euros
Sub 20: 8 euros
Sub 13: 3 euros
Menores de 7 anos: de balde
Ningún comentario:
Publicar un comentario